miércoles 5/8/20

Constituida a Asociación de propietarios da Moreira

PRÓXIMA REUNIÓN PARA ASEMBLEA XERAL DE APROBACIÓN DE ESTATUTOS ESTE XOVES ÁS 21:00.

IMG_20200710_203839
IMG_20200710_203839

O pasado xoves constituíse a Xunta directiva da asociación formada polo presidente Julio Carrera, secretario José A. Fernández e como tesoureiro Antonio Novoa

Os obxectivos son a defensa dos intereses dos propietarios de fincas, naves e vivendas no paraxe que se pode denominar da Moreira, arredor das instalacións do complexo deportivo do mesmo nome.

IMG_20200710_204006Neste mesmo momento queren facer constar o abandono que teñen as pistas asfaltadas e as de terra que circundan esta zona, cuns riscos extremos de incendios ao lado das casas e fincas, na maioría cultivadas por mor do estado das súas cunetas. Calquera tubo de escape dun coche pode prender lume nas veiras, polo estado onde se atopan.
Tamén os varios “puntos negros” dos diferentes cruces sen sinalización e co asfalto nun estado, que nin os tractores poden pasar por elas.
DESAMPARADOS
Así se encontran os propietarios con respecto ao Concello, segundo manifestan os membros da Xunta directiva receen constituída.
ASEMBLEA XERAL
Para este xoves 17 teñen convocado a todos os que queiran formar parte, a maioría dos propietarios, segundo as chamadas que xa recibiron, na cal se nomearán unha ducia de vocais que conformarán a xunta directiva.

Propondrán unha cota simbólica de funcionamento anual que rondará os 10€ e aprobaranse os estatutos de funcionamento da mesma.