miércoles 01.04.2020
NOVO APARTADO PARA A LOITA CONTRA O AILLAMENTO

Cóntanos a túa historia!

Limiaos polo mundo
Limiaos polo mundo

Debido ao estado de emerxencia no que se atopa o noso país, así como outros moitos, en Dendealimia.com queremos facer escoitar as voces de todos aqueles limiás que hoxe non poden estar no calor do seu fogar.

Queremos coñecer as historias de todos aqueles que se atopan na incerteza dun lugar que non chega a ser a súa casa. Por iso, se estás fóra da Limia e queres transmitirnos a túa experiencia, as túas inquedanzas ou facer saber aos nosos lectores algunha circunstancia que experimentases, fainos chegar a túa vivencia.

Podes contactar con nós mediante o enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 676874513.  WhatsApp 698 111 746  ou polo chat de Facebook na nosa páxina Dende a Limia.

Agardámosvos!