domingo 20/6/21

Continúan as charlas formativas na Escola Rural de Saúde da Limia

Na última celebrada nos locais da asociación trataron o abordaxe do enfermo demenciado no propio domicilio

DR MORAN DRA LUZ PEREZ
Dtor. Morán e Doutora Pérez

Nesta ocasión a encargada de levar a cabo a charla foi a Dra. Luz Pérez Álvarez, recentemente incorporada ao Servicio de Medicina Interna do hospital de Verín.

A Dra.Pérez conta cunha longa experiencia no tratamento de enfermos crónicos na rede hospitalaria de Portugal. Falounos da súa experiencia con este tipo de enfermos, a súa visión da realidade así como da importancia da contorna familiar e da súa aplicación na práctica diaria.

DR LUZ PEREZ  paciente enfermo demenciado“En el Hospital de Verín, el enfermo crónico de edad avanzada supone cerca del 90% de los pacientes hospitalizados. Si sumamos la pluripatología, la polifarmacia y el grado de escasa movilidad de dichos enfermos, el hospital ofrece, desde nuestro modesto punto de vista, y con la familiaridad característica de un hospital comarcal, un manejo integral en estos enfermos”.
50% dos pacientes entran no hospital con deterioros cognitivos
A deterioración cognitiva dos pacientes, chegando a constituír preto do 50% da hospitalización en Verín, é un factor que moitas veces condiciona o seu tratamento e o seu prognóstico a curto e a longo prazo, o que fai que o Servizo de Medicina Interna conte cunha gran experiencia neste tipo de enfermos. Grazas ao servizo de enfermería, ao equipo médico e ao manexo multidisciplinar, a deterioración da mobilidade do enfermo no noso hospital é menor.

Próximas charlas

En próximas semanas darase continuidade ás charlas abertas á poboación, nas que se abordarán de maneira paulatina os temas relacionados coa atención aos enfermos crónicos e a toma de decisións e documentación relacionada coa asistencia sanitaria. Para inscripcios, contactar coa  asociación/wapsap en el tf 60378443 ou a  través do

email [email protected] o pág web www.escolaruraldesaudedalimia.com