Da comezo o novo programa de emprego do CDR O Viso

15975086_965721063558950_8907569113381430252_o
Da comezo o novo programa de emprego do CDR O Viso

Unha das finalidades que se perseguen dende o programa é "empoderalas e aprender unhas das outras nun grupo onde se dá e se recibe".

O pasado martes, día 17, deu iniciou a edición do REINVÉNTATE 2017 "Animación sociolaboral en grupo", un dos servizos que contempla o Ruralempréga-T –Programa de orientación e mediación laboral do CDR O Viso– que xa celebra a súa cuarta edición.

"Baixo o paraugas de risco de exclusión atópanse persoas mozas con escasa experiencia laboral, persoas maiores de 45 anos ás que o mercado laboral comeza a rexeitar e persoas que descoñecen as potencialidades das novas tecnoloxías para formarse e buscar emprego", afirman dende esta organización limiá.

Unha das finalidades que se perseguen dende o programa é "empoderalas e aprender unhas das outras nun grupo onde se dá e se recibe". Como foi unha sesión informativa e de presentación invitouse a participar no devir do grupo: que formación lle gustaría recibir, cada canto tempo xuntarnos ou en que días do mes lles ía mellor. "Puxemos en valor a importancia da "participación" e queremos que sexa o faro que nos guíe", comentan os organizadores.

O vindeiro obradoiro terá lugar os vindeiros martes 7 e mércores 8 de febreiro nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, previsiblemente, sobre o autocoñecemento como primeiro paso para o deseño do itinerario sociolaboral de cada un e cada unha das participantes.