sábado 25.01.2020

A danza e o baile atraeron a máis espectadores

Unha bela permaneceu acesa nunha cadeira durante o concerto da Banda de Xinzo

A danza e o baile atraeron  a máis espectadores

Como xa se anunciara os dous concertos da tarde noite do sábado coincidiron a mesma hora e nesta ocasión a danza e o baile levaron tras de si a maioría dos veciños e veciñas tanto da vila como dos pobos e concellos veciños.

IMG_9684

EN RECORDO DO MOZO QUE FALECEU ESTA MAÑA

Antes de dar comezo o concerto da banda de música  procedeuse ao prendido dunha bela que permaneceu acesa nunha cadeira que estaba posta no medio de todos os compoñentes da banda en recordo do que durante uns anos formara parte da formación e que esta mañá finaba nun accidente de tráfico.

cats

NON ENTRABA NIN UNHA AGULLA

Como se soe dicir o de que non  entraba  unha agulla, neste caso non solo foi así, se non que moita xente tiña que escoitar as actuacións dos bailaríns da escola Danzón dende o “hall” da Casa da Cultura, lugar onde se celebraba a exhibición.

Primeira vez que sonou un “FAGOT” en Xinzo

IMG_9723Segundo o director da banda o carismático profesor Tielas hoxe era a primeira vez que soaba un fagot en Xinzo, e esta primeira vez era dentro dos membros da banda de Xinzo. O sentimento de orgullo deixábase  ver na expresión do propio director da agrupación. Dende aquí felicitamos, como non pode ser doutra maneira, tanto ao director, pero sobre todo neste caso a moza que o facía soar por primeira vez.