viernes 24.01.2020

Demostración de democracia participativa na asociación Cívitas Limicorum

Máis do 60% de participación para elixir a nova xunta directiva

Membros das dúas candidaturas
Membros das dúas candidaturas

Por tan solo 7 votos de diferenza a candidatura que presidía Iván Prado gañou as eleccións celebradas na tarde/noite do venres.

ALTA PARTICIPACIÓN

Era a primeira vez nos 20 anos de historia da asociación que a totalidade dos socios, maiores de idade,  eran chamados as furnas para elixir a xunta directiva que rexerá durante os próximos tres anos non solo a propia asociación, se non tamén se fará cargo da  organización da Festa do Esquecemento no seu 20 aniversario.

reconto votosSen ningún incidente e cun reconto que facía presaxiar un resultado apertado a candidatura encabezada por Iván Prado como presidente, Leticia Diz como vicepresidenta,  Mercedes Rodríguez como tesoureira e Carlos Enríquez como secretario, acadou 125 votos fronte a encabezada por Carlos Argibay que se quedou a tan solo 7 votos.
Na candidatura gañadora figuran como vogais Lucia Bolaño, Victor Pedras, Mirian Opazo, Cayetano Cuquejo e Luis M. Alonso.
Unha vez rematado o reconto  dos votos os membros das dúas candidaturas fixeron a foto de familia, mentres que no exterior un grupo numeroso de socios manifestaba o orgullo de haber celebrado desta maneira estas primeiras eleccións, as cales segundo algún dos presentes manifestou que para moitos tiveron máis interese que as propias eleccións municipais.

Tamén apelaban da nova directiva consenso nas medidas e propostas a tomar debido a escasa diferencia de votos co que elo siñifica de cara a organización e futura da festa.
Xa solo queda esperar o rumbo que levará a festa este ano, despois das opinións presentadas na asemblea da semana pasada en cuestións, que mesmamente os membros desta xunta directiva propuñan que terán que facerse para que a festa en certas cuestións non vaia perdendo. En palabras do  reelixido presidente a festa está perdendo moito  a súa vertente histórica.