miércoles 2/12/20

Dende as 13 horas estivo na praza Maior instalado o Punto de información sobre prevención en violencia de xénero

Este Punto forma parte  do Programa Agresión Off da Xunta de Galicia

Punto de atención programa Agresión Off en Xinzo
Punto de atención programa Agresión Off en Xinzo

No punto a traveso de varios xogos analízanse estereotipos de xénero que se dan normalmente e que se entende que están ben na sociedade, o que ten que ser un home e unha muller en cada idade, por exemplo.

Tamén  hai un xogo denominado Kahoot!, de mulleres na historia, onde, sobre todo ós máis pequenos se lle informa sobre as mulleres importantes que houbo na historia e os seus papeis tan importantes no desenrolo da mesma.

Recompilación de contos con contidos sexistas, reivindicando os roles das mulleres e reivindicando a posición que todas as mulleres ao igual que os homes debemos ter na sociedade, todos por igual

Por último unha ruleta do “amor romántico” onde hai 14 mitos totalmente desmontables con respecto as mulleres, para que de unha vez por sempre se rompan, reflexionando cos participantes do que opinan sobre eles.

Case medio cento de persoas pasaron polo punto de atención

IMG-20201122-WA0000Ao longo do día foron case que 50 as persoas, a maioría nenos e nenas, acompañados polos seus maiores os que se achegaron ata  o “stand”. A primeira hora da mañá tamén se achegaron ao mesmo a alcaldesa Elvira Lama que estivo acompañada do concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez  e o portavoz do grupo Popular no Concello Antonio Fernández-Toni.