jueves 15/4/21
A consellería dirixe a unha páxina que non está activa

Dende mañá xoves, volverán estar permitidas as “queimas”

a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural
image_gallery
image_gallery

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá xoves, día 25 de marzo, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Máis información, aquí: http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/queimas/

Nota: Non intente aceder dende esta direción electrónica, posto que aprece A páxina requirida non se pode atopar.