domingo 19/9/21

A Deputación concederá 20 bolsas de formación "Erasmus rural Interreg" do programa europeo Raia Termal.

Cunha dotación de 28.000 €
O campamento romano Aquis Querquennae.
O campamento romano Aquis Querquennae.

As bases reguladoras para concesión das bolsas de formación "Erasmus rural Interreg", que se enmarcan no programa europeo Raia Termal para o desenvolvemento do destino turístico e termal da fronteira galego-portuguesa, cunha dotación de 28.000 euros, as bases establecen a concesión de 20 bolsas individuais de formación para que os participantes adquiran habilidades, coñecementos e competencias dentro dos sectores de actividade e recursos existentes na área xeográfica conformada polos concellos ourensáns de Lobios, Bande, Muíños e Cortegada, e Terras do Bouro e Melgaço en Portugal.

Estas bolsas inclúen unha contía económica de 1.200 euros para unha estadía mínima dun mes e máxima de mes e medio, con titorización individualizada e un período de formación previo para coñecer o destino adxudicado a cada bolseiro e o programa. As bases establecen que os solicitantes deberán estar en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego, estar empadroados na provincia de Ourense ou nos concellos portugueses que participan no programa transfronteirizo, ter 35 ou menos anos de idade e contar con formación universitaria ou FP de grao medio ou superior.