martes 22/9/20
Natalidade

A Deputación de Ourense únese á Xunta e tamén axudará aos novos bebés do 2017

O prazo para solicitala exténdese até o 15 de xaneiro do 2018 e pódese facer vía telemática, através da páxina web natalidade.depourense.es

A Deputación de Ourense únese á Xunta e tamén axudará aos novos bebés do 2017

A Deputación de Ourense súmase á Xunta de Galicia e tamén convoca unha axuda para o fomento da natalidade na provincia. A subvención, de ata 300 € por neno, recóllese no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xaneiro do 2017.

Está dirixida a familias que teñan ou adopten un fillo durante o presente ano 2017. É requisito imprescindible que estes nenos –así como as súas familias– figuren empadroados nalgún concello da provincia de Ourense e que teñan unha antigüidade mínima dun ano no padrón –ininterrompido e inmediatamente anterior ao 1 de xaneiro do presente ano–. Desta maneira, o organismo provincial quere evitar que xente de outras provincias se empadroe de pé feito en Ourense para ter acceso a esa axuda complementaria.

O prazo para solicitala exténdese até o 15 de xaneiro do 2018 e pódese facer vía telemática, através da páxina web natalidade.depourense.es

Aquelas familias interesadas da Limia que queiran obter máis información deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia.

Comentarios