DESEÑO GALEGO EN ESTADO PURO

7
DESEÑO GALEGO EN ESTADO PURO

Calidade, prezo e orixinalidade defiñen e distingue a Bendita Locura

Calidade, prezo e orixinalidade defiñen e distingue a Bendita Locura

Nestes tempos que corren, sempre un se alegra de que a xente emprendedora se vote a andar. Neste caso dúas mozas \“vintañeiras\”, Adriana Jiménez e Magalí González, cada unha do seu ramo, as dúas xa traballan nos seus respectivos negocios únense para algo novo, pero non só iso se non tamén Orixinal, que xa non e pouco.

O nome de Bendita Locura, xurde como case todas as cousas importantes despois dunhas copas e sendo xa un pouco tarde. Aquel día de \“tormenta de ideas\” coas amigas, Adriana, ocorrese dicir que aquelo que estaban a vivir era unha loucura, e nese momento alguén dixo que si era iso unha loucura, o que rematou Adriana dicindo que bendita Locura, e así comezan as grandes historias.

6DESEÑO CASE 100% GALEGO A PREZOS MOI ALCANZABLES ATA NO TEITO

Si algo tiñan claro as dúas era que estaban fartas de que cando necesitaban algo orixinal, sobre todo de festa ou celebración había que desprazarse ata Ourense. E outra das cousas que temen tiñan moi claro e que querían sobre todo roupa de deseño e podendo ser galego.

O de dúas andares na tenda, primeiro foi porque a parte de abaixo quedábase un pouco escasa para a súa idea e despois porque no seu deseño de tenda querían ter unha parte dedicada a roupa máis de festa e celebración.

Unha vez escollido o local, que non deixa de ser emblemático na historia da moda en Xinzo, uns días de traballo FEITO A MAN, por elas mesmas un percorrido pola rede para ver deseñadores galegos e a axuda dos contactos dunha \“bloger\” amiga deron o froito dunha tenda fresca,animada e nada …

DENDE OS 20 ANOS ATA QUE O CORPO AGUANTE

A roupa de Bendita Locura está dirixida a mulleres e homes, dende os vinte en adiante e para o diario e tamén para ir máis de etiqueta pero sen ter que esperar a paga extra.8

En roupa non de festa hai modelos case exclusivos dende os 10 ata os 70€. Para os modelos de festa unha clienta pode ir exclusiva a unha celebración dende 50€ e ata un máximo de 200 €.

AXENDA DE EVENTOS

A persoa que compre un modelo en Bendita Locura terá a seguridade completa de que ninguén que asista a mesma reunión, festa ou acontecemento irá co mesmo modelo, nin de distinta cor. Para elo cando alguén acuda a tenda e avise do acontecemento, na axenda de Bendita Locura quedará rexistrado o modelo, polo que será exclusiva, i todo iso por menos de 200€.

COMPLEMENTOS EXCLUSIVOS DE EVA FORMOSO E DOPRA

Outra dos apartados destacado de Bendita Locura, son os collares da ourensá Dopra, e os tocados da deseñadora Limiá Eva Formoso.

5SHOWROOM

Tal e como tiñan nas súas cabezas o primeiro piso de Bendita Locura está dedicado a roupa máis de festa na que instalaron un sofá, para que cando unha clienta veña acompañada estas persoas poidan estar cómodas, tomando algo, mentres escolle o modelo e poidan as amig@s dar a súa opinión sobre o modelos e aconsellar sobre o mesmo e os complementos. Todo isto sen presa.

BENDITAS CURVAS

As novas ideas, aínda non remataron, porque a outra novidade e o espazo que elas denominaron BENDITAS CURVAS dedicado aos modelos para persoas que usan unha talla superior a 36 e que queren lucir modelos axeitados a súa idade e non a da súa aboa. Para estas persoas tamén hai modelos totalmente exclusivos.

POUCAS PRENDAS PARA NON REPETIR

Outra das caracteristicas de Bendita Locura é a de que de cada modelo de vestido, so tran como máximo dúas pezas e de distinta cor. Desta maneira aínda que sexa de roupa máis sport non é doado que outra persoa de Xinzo leve o mesmo modelo.

Outra vez máis temos que felicitar a outras, nesnte caso , emprendedoras , que se meten nun fregado totalmente diferente o seu \“outro\” traballo, deixando unha de lado, as bolas e as piruletas e a compañeira os tornillos e os martelos.