miércoles 30/9/20
O condutor, que será xulgado por un delito contra a seguridade vial, enfróntase a unha pena de prisión máxima de 6 mesess

A 218 km por hora pola A - 52, á altura de Allariz

O autor da ilegalidade foi detectado o pasado venres, 31 de xullo, no km 207 da estrada A-52, dirección Vigo, a unha velocidade de 218 km por hora, case o dobre do permitido nesa vía. 

A Garda Civil de Tráfico realizando o control de velocidade, en Allariz. | FOTO: Cedida.
A Garda Civil de Tráfico realizando un control de velocidade, á altura de Abavides, na estrada A - 52. | FOTO: Cedida.

Un individuo foi interceptado o pasado venres, 31 de xullo, conducindo a 218 km/h, nun control de velocidade establecido por axentes do Destacamento de Tráfico da Garda Civil da provincia de Ourense

O condutor desprazábase pola A-52, dirección Vigo, a unha velocidade excesiva á altura do municipio de Allariz, concretamente ao seu paso polo km 207 da citada vía. 

O autor dos feitos foi identificado no momento da infracción e informado da gravidade do seu acto. Os axentes informáronlle de que deberá comparecer ante o Xulgado de Instrución correspondente, onde se celebrará un xuízo rápido por un suposto delito contra a Seguridade Vial que está tipificado no art. 379.1 do Código Penal

O exceso de velocidade podería custarlle ao condutor unha pena de prisión de 3 a 6 meses, unha multa de 6 a 12 meses ou a realización de traballos en beneficio da comunidade por un periodo de 31 a 90 días, ademais de enfrontarse á prohibición de conducir vehículos a motor ou ciclomotores.

A Garda Civil de Tráfico recorda que este tipo de condutas temerarias entrañan perigosidade e supoñen un alto risco para a seguridade vial ao tratarse dun dos motivos principais dos sinistros que rexistran as estradas galegas. O aumento de controis en toda a provincia, tanto na época estival coma nas datas nas que se prevén incrementos notables nos desprazamentos, pretende poñer en valor todos os recursos dispoñibles para detectar este tipo de infraccións e potenciar a seguranza nas estradas.  

A 218 km por hora pola A - 52, á altura de Allariz
Comentarios