viernes 14/5/21

Día de "confirmacións" na parroquia de Xinzo

Esta segunda ceremonia foi aplazada anteriormente por mor das normas Covid
Acto de confirmación cos mozos e mozas de pe respostando as preguntas do confirmante
Acto de confirmación cos mozos e mozas de pe respostando as preguntas do confirmante

Despois da cancelación en datas anteriores por mor da pandemia, hoxe estaban citados as 11:30 na igrexa Nova de Xinzo 18 mozos e mozas que acompañados dos seus “padriños” recibiron a confirmación.

O acto foi presidido polo , xa, bispo auxiliar de Santiago  Francisco Jose Prieto Fernández.

Os novos confirmados son veciños todos da vila. A vez anterior foron confirmados outros compañeiros e compañeiras dos pobos do Concello, acto que tamén presidira Jose Prieto, pero sendo Vicario da dioceses de Ourense.

Os “confirmándoos” foron pasando un a un acompañados dos seus “padriños de confirmación” para recibir o sacramento da confirmación.

43