domingo 19/9/21

Día “negro” nas estradas da Limia, ainda que sen feridos graves

Triple colisión na pista do Raposo, outro  na rotonda da estrada de Celanova e un atropelo a unha ciclista en Paredes

IMG-20210625-WA0013
IMG-20210625-WA0013

A primeira hora da mañá ao lado do pavillón de deportes tres automóviles colisionaron. Dous deles quedaron con bastantes desperfectos o o terceiro a penas un rascazo.

Os conductores de dous vehículos tiveron que ser trasladados a hospitais da capital, ainda que segundo as atencións, non revestían gravidade.

Asistiron ao sinistro os bombeiros do parque de Xinzo, a Policía Local, membros da agrupación de Protección Civil de Xinzo e membros da Garda Civil.

OUTRO SINISTRO POR ALCANCE

A rotonda de saída de Xinzo hacia a estrada de Celanova, foi outro lugar onde colisionaron dous  automóviles, esta vez sen consecuencias para os seus conductores.

cats

ATROPELO EN PAREDES

Xa pola tarde unha señora que transitaba pola estrada Xinzo-Cualedro a altura de Paredes, foi atropelada por un automovil, resultando con feridas a ciclista de 78 anos, tendo que ser trasladada en ambulancia a un centro hospitalario de Ourense.