miércoles 28/7/21

Encontro educativo e festivo coas familias en Lodoselo

Participaron 48 nenos e nenas coas súas familias
26-11-51-23.admin.DSCF1642

Este pasado venres organizamos, un ano máis, un encontro educativo e festivo coas familias que participaron ó longo do ano no programa de educación infantil familiar na Limia.

Neste encontro participaron 48 nenos  e nenas coas súas familias (nai e/ou pai, irmáns e algún que outro achegado: avós, tíos…) e colaboraron na realización dos obradoiros persoal laboral e voluntariado do CDR así como persoal do PAI de Sandiás e a Casa Niño Lodoselo.


Este ano tiñamos 6 grupos de referencia nos concellos de: Baltar, Os Blancos, Cualedro, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Sandiás. Participaron arredor de 100 usuarios. É un programa que lle interesa moito ás familias, tanto polas actividades que se fan (todo con material de refugallo) como polas experiencias que se comparten e as dúbidas que reflexionamos en todos os temas da crianza dos cativos.
O CDR O Viso incorporou, no ano 2015, este programa de Educación Infantil Familiar ó seu proxecto de desenvolvemento integral na comarca da Limia. Isto que veu facendo Preescolar na Casa desde 1977 –na Limia desde 1985- ata 2012.
Trátase dun servizo socioeducativo de apoio ás familias coa organización de espazos de encontro educativos. Encontros semanais ou quincenais cos que queremos potenciar una parentalidade positiva nos que participan as familias e as crianzas e unha profesional do CDR. Unha persoa educadora, animadora, mediadora de interaccións entre adultos e nenxs, promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
Consideramos que segue sendo una necesidade contribuír á formación de nais e pais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus [email protected]; retomamos pois  aqueles obxectivos de:
- Crear unha concienciación da importancia do papel da familia á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento do [email protected], reforzar ou modificar actitudes, crenzas e prácticas de crianza.
- Contribuír a crear na sociedade unha cultura da Educación Infantil Familiar e ao desenvolvemento da cultura e da lingua galega.