A ESMULI deu o seu concerto de fin de curso

IMG_20190622_183332
A ESMULI deu o seu concerto de fin de curso

Asistiron Elvira Lama, alcaldesa e Manuel Pérez concelleiro de Facenda

Na tarde do sábado, como ven sendo costume cada fin de curso, a ESMULI ofreceu un concerto para todo o público que quixo acercarse ata a casa da Cultura de Xinzo.

Este ano o formato do concerto tivo bastantes novidades, posto que o alumnado da escola, non actuou conxuntamente coa banda, se non que foron facendo grupos de cada instrumento deleitando ao público asistente con melodías cortas e coñecidas que fixeron moi ameno o festival.

CORAL DE STA. MARIÑA

IMG_20190622_184810

Tamén nesta ocasión e por primeira vez a final de curso fixeron unha actuación conxunta membros da coral de Sta. Mariña, con músicos de percusión da escola.

Estiveron presentes durante todo o “festival” a alcaldesa de Elvira Lama, acompañada neste caso, non polo que será concelleiro de Educación e Cultura, se non polo de facenda e habitual en todas as manifestacións culturais que se celebraba o longo do ano Manuel Pérez, que segundo parece será o futuro concelleiro de Facenda.

IMG_20190622_183039IMG_20190622_182103IMG_20190622_185215IMG_20190622_184201IMG_20190622_183943