miércoles 23/6/21
Se non hai ABAU vai acabar o mundo????

Eu quero que meu fillo de prioridade á vida, á saúde, á familia, ós maiores e en definitiva ós valores cívicos e humanos...

Purificación Dacal, veciña da Limia complementa a carta que se fixo “viral” nas redes sociais e que deu a volta a toda España, tamén gracias a dendealimia reproducíndoa

Pois a ver se a ti como directora (Noni Medina)  https://www.dendealimia.com/articulo/colaboradores/deberes-escolares-debate-cuarentena/20200325104619020817.html dun centro escolar che fan caso. Eu son nai dun rapaz que vai en Segundo de Bacharelato. Imaxínate!!?? Estou confusa, indignada, e sobre todo perplexa. Segunda quincena de confinamento e Educación sen dar unha resposta clara. Non entendo cal é o problema: a problemas excepcionais, respostas excepcionais. Se non hai ABAU vai acabar o mundo????

Purificación Dacal CamperoRematar o curso hoxe é seguir ca materia ata o 21 de xuño para despois examinar, cando se poida, ós que teñan materias pendentes ou queiran subir a nota é tan complexo. Non sei se alguén me comprenderá... Eu estou de confinamento, o meu fillo tamén pero o meu home que non traballa nin en atención ó público nin sector de primeira necesidade. É necesario que o noso fillo ademais das circunstancias da pandemia, de sentirse indefenso ante a exposición de seu pai, de ver como cada día morre máis xente e enferman coñecidos e non coñecidos(pero persoas coma el e coma nós) se atope ante a incerteza do seu estado académico????

De verdade que isto é o que desde o Ministerio de Educación e Cultura lle queremos transmitir ás novas xeracións, que son o futuro?.

SINTO MOITA IMPOTENCIA, EU QUERO QUE MEU FILLO DÉ PRIORIDADE Á VIDA, Á SAÚDE, Á FAMILIA, ÓS MAIORES E EN DEFINITIVA ÓS VALORES CÍVICOS E HUMANS, NON QUERO QUE SEXA UNHA PERSOA, EGOÍSTA, CÍNICA, HIPÓCRITA QUE SÓ MIRE POR EL, POR TER, POR SER MÁIS CA NINGUÉN. QUERO QUE PREVALEZAN OS SEUS VALORES COMO SER HUMAN POR ENRIBA DO SEU ÉXITO ACADÉMICO OU PROFESIONAL. Estámonos equivocando de cheo. Unha aperta a todos os pais e máis. Ánimo, xuntos sairemos adiante