sábado 19/6/21
Test por saliva para persoas entre os 12 e 64 anos

As farmacias de Xinzo farán test de detención de casos covid, de balde

So poderán facer un máximo de 10 ao día.
xinzo dende o aire013
xinzo dende o aire

O Colexio de Farmacéuticos de Ourense asinou un convenio con Sanidade e co Sergas para a realización de test PCR de saliva gratuítas, que permitan detectar casos da Covid.

O obxectivo da sinatura deste protocolo é descubrir pacientes asintomáticos, para despois localizar e illar aos contactos estreitos e romper as cadea de transmisións. Participan desta iniciativa 124 farmacias das 187 que que hai na provincia, aínda que o prazo de inscrición permanece aberto, polo que poderán adherirse ao programa de xeito voluntario cando queiran.

Trátase dun plan dirixido a persoas de entre 12 a 64 anos –explicou o delegado territorial-  que de xeito gratuíto poden pedir, coa súa tarxeta sanitaria, unha proba PCR de saliva. Para elo as oficinas de farmacia ofrecerán os kits para a auto recollida da mostra que, posteriormente, enviarase ao Laboratorio de Microbioloxía de Vigo. Unha vez analizadas comunícase por SMS o resultado ás persoas participantes e, no caso de obter un resultado positivo, realizaráselles unha proba PCR nasofarínxea.

Gabriel Alén insistiu en que

"Este programa supón a posibilidade de aumentar a capacidade de diagnose do Sergas, detectando dun xeito máis rápido e con maior sensibilidade a presenza do virus entre a poboación cribada, e de forma moi especial, entre asintomáticos, polo que será un avance máis na loita contra a Covid-19".

De feito, cada unha das farmacias adheridas a este novo plan de detección terá a posibilidade de recoller un máximo de 10 mostras ao día.

Comentarios