domingo 05.07.2020

Festa gastronómica de celebración no IES Lagoa

Quixeron celebrar a consecución do primeiro premio nos programas PROXECTA de Educación
Festa gastronómica de celebración no IES Lagoa
Os alumnos do ciclo de hostalería do ies Lagoa de Antela, quixeron ofrecer un ágape aos seus compañeiros de ESO e Bacharelato  que participaron na convocatoria pasada do plan proxecta.
ies lagoa 3Os dous cursos que compoñen o ciclo que se distribúen nun de cociña e outro de servizos-restauración esmeráronse en servir elaboracións de cociña tradicional así como máis modernas - dips- de diferentes salsas. Os alumnos de servizos elaboraron diferentes tipos de chocolate á cunca con tortitas elaboradas á vista do cliente e churros. smoothie de requeso e marmelo, zumes de diferentes sabores e presentacións vistosas de froitas de tempada...
ies lagoa 4