viernes 17/9/21

GABRIEL ALÉN ANIMA AOS VECIÑOS A SOLICITAR AS AXUDAS DOS PROGRAMAS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA E DE ACCESIBILIDADE A VIVENDAS

En canto ás axudas de mellora da eficiencia enerxética, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xullo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará 8,5 millóns de euros segundo a convocatoria para a anualidade 2021

140421 Webinar axudas Medio Ambiente 2
140421 Webinar axudas Medio Ambiente

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, animou esta mañá a diferentes colectivos profesionais e á veciñanza da provincia, a solicitar as axudas de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, Plan estatal de vivenda 2018-2021 e actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (PREEE) nunha webinar informativa que se desenvolveu na Delegación Territorial.

140421 Webinar axudas Medio Ambiente 1Acompañado da Xefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Victoria Núñez, e de técnicos do IGVS,  Gabriel Alén destacou que, o pasado 22 de marzo o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se convocan as axudas para financiar obras de conservación, mellora da seguridade da utilización e accesibilidade en vivendas,  anualidade 2021, dotada con 680,000€; unha cantidade que poderá ampliarse en máis de 2,3 millóns de euros, unha vez que o Goberno central transfira á Comunidade os fondos estatais consignados.
Neste sentido, Gabriel Alén, salientou que a Xunta puxo en marcha este programa de axudas para facilitar ás persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios  de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios; ás comunidades de persoas propietarias así como as agrupacións de comunidades;  e asísmemo ás agrupacións de persoas propietarias e ás persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman en virtude dun acordo coa persoa arrendadora o custo das actuacións de rehabilitación a cambio de pagamento da renda.

En canto as axudas de mellora da eficacia enerxética, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do IGVS  xestionará estas axudas, cuxo prazo de presentación se abriu o pasado 2 de xaneiro e se prolongará ata o 31 de xullo,  para as que este ano se destinan 8,5 millóns de euros, dos 17 millóns que recolle o Programa para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas ata o ano 2023.

Novidades

Con respecto á convocatoria deste ano, os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, serán as persoas propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios; as comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda; así como as persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Establécense tres tipos de actuacións subvencionables: de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, aquelas que teñen entre os seus obxectivos reducir a demanda enerxética; de uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e das instalacións de iluminación, é dicir, as luminarias, lámpadas e equipamentos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación.

Para o cálculo da contía subvencionable, haberá unha axuda base e unha adicional, que se determinará con base en tres criterios, como os criterios sociais (actuacións que se realizan en edificios de vivenda de protección pública; actuacións en inmobles situados en áreas de rehabilitación), a eficiencia enerxética e que se trate dunha actuación integrada (aplicarase a porcentaxe adicional cando se realizan simultaneamente dúas ou máis tipoloxías de actuación).

As axudas deste programa son compatibles con outras axudas concedidas para o mesmo fin, sempre que non se supere o custe da actuación e as outras axudas concedidas non conten con cofinanciamento de fondos europeos.

Por último, compre sinalar que no Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025 no seu eixe 1 Rehabilitación e renovación urbanas, o IGVS sigue apostando polas axudas a particulares e comunidades, concellos, rehabilitación directa, áreas de rehabilitación integral e áreas Rexurbe.