O GDR Limia-Arnoia anima a toda a veciñanza a partici- par nas concentracións que se realizarán de forma simul- tánea nos 25 concellos que compeñen o territorio

25N_concentracion_manifesto_GDRLimiaArnoia
O GDR Limia-Arnoia anima a toda a veciñanza a partici- par nas concentracións que se realizarán de forma simul- tánea nos 25 concellos que compeñen o territorio
A cita é mañá ás 12:00 horas diante das Casas Consistoriais

Este 25N será máis reivindicativo ca nunca xa que, por primeira vez, os vintecinco concellos que forman parte do GDR Limia - Arnoia realizarán de forma simultánea unha concentración contra a violencia de xénero.

25N_concentracion_manifesto_GDRLimiaArnoiaEsta é unha actividade, á que está convidada a participar toda a veciñanza, que se levará a cabo mañá as 12:00 horas diante das Casas Consistoriais e que se enmarca na campaña “Non peches os ollos” promovida polo GDR Limia - Arnoia.
Despois da concentración lerase un manifesto para mostrar o noso rexeitamento a esta lacra social e acadar e eliminación total da violencia contra as mulleres e as nenas.
Baixo o lema “Non peches os ollos” xa se realizaron ao longo deste mes de novembro
outras actividades, tales como a representación da obra teatral “Invisibles” e unha
andaina contra a violencia de xénero na que participaron un cento de persoas de dife-
rentes localidades. O principal obxectivo da campaña é pór de manifesto a necesidade
de ver e mirar de fronte á violencia.
Para o desenvolvemento deste programa o GDR Limia - Arnoia coa financiación dos
fondos do Pacto de Estado e da Consellería de Igualdade e Medio Rural.