martes 27/10/20

O Goberno permite abrir ao hotel Orly en Xinzo

Tamén autoriza o Cámping de Muiños

Orly

Estes establecementos permanecerán abertos para atender as necesidades de aloxamento e restauración que requira o persoal que traballa na prestación e o mantemento dos servizos esenciais e o transporte de subministracións durante o estado de alarma.

"Es necesario garantizar la movilidad de aquellos trabajadores que tienen que realizar determinadas labores y que puedan disponer de alojamiento y comida", establece la orden del Ministerio de Transportes que el BOE publica este miércoles.

Así mesmo, contémplase o seu uso por parte de plantas de procesamento de produtos agrícolas, cárnicos e pesqueiros e dos insumos necesarios para a súa elaboración, entre outras actividades básicas esenciais contempladas no Decreto do estado de alarma.

A listaxe de establecementos abertos en toda Galicia, tamén estará dispoñible para aquelas persoas que "por razóns de forza maior ou estado de necesidade requiran un aloxamento puntual con urxencia". Entre estes supostos, a orde cita a turistas que non puidesen retornar aos seus lugares de orixe no prazo previsto ou persoas que estean baixo un programa de atención humanitaria ou calquera outro programa para colectivos vulnerables e outros supostos similares.  Aseo e restauración para transportistas. Ademais, no caso dos transportistas de mercadorías por estrada, disponse que estes establecementos faciliten o acceso a instalacións de aseo e restauración aínda que non estean aloxados. Por todo iso, a Orde de Transportes, redactada en colaboración con outros ministerios, estable como "servizo esencial" a referida listaxe de aloxamentos turísticos, relación que, con todo, se reserva a posibilidade de ampliar, modificar, revisar ou actualizar.

 Ademais, permite que o resto de aloxamentos turísticos que non figuran na orde poidan tamén prestar aloxamento "exclusivamente aos colectivos mencionados" nela e sempre que cumpran as medidas e instrucións de protección indicadas polo Ministerio de Sanidade para evitar o contaxio do coronavirus.