Habitación Vudú busca apoio para gañar o certame "Vodafone Yu Music Talent"

habitacionvudu
Habitación Vudú busca apoio para gañar o certame "Vodafone Yu Music Talent"

A banda da Limia participa no certame "Vodafone Yu Music Talent" que otorga unha oportunidade a novas bandas de música.

Habitación Vudú opta a gañar importantes premios como gravar un disco, recibir 3.000 euros para renovar instrumentos e rodar un videoclip. A maiores poderán compartir escenario con artistas consagrados que actúan na xira de concertos "Vodafone Yu Music Shows", abríndolle a porta a actuar en destacados festivais nacionais e internacionais.

Os locais presentaron ó concurso o seu tema "Flores Falsas" que polo momento recibiu 52 votos positivos e que compite con máis de 1000 cancións.

Para poder votar por Habitación Vudú debe facerse no seguinte enlace www.vodafoneyumusicshows.es. O prazo remata o 9 de novembro.