lunes 09.12.2019

Homenaxe a María del Valle e Salud Torres asasinadas no 36 en Mosteiro de Ribeira

Necesitaríamos toda unha vida para render homenaxe a estas dúas mulleres, dobremente vítimas, polas súas ideas, pero tamén pola súa condición de mulleres-Elvira Lama
Homenaxe a María del Valle e Salud Torres asasinadas no 36 en Mosteiro de Ribeira

Elvira Lama e José Alverto Martínez participaron esta mañá nos actos de homenaxe ás dúas mulleres de Mosteiro de Ribeira que foron vítimas da represión Franquista no ano 37, sendo asasinadas e deixadas na cuneta, ata que veciños do pobo as recolleron e as trouxero para o cemiterio.

mosteiro4Amigos e familiares estiveron acompañados de membros da asociación ARMH así como por ilustres como Santiago Álvarez ou Alonso Montero.

Paz, a  neta de María del Valle tomou a palabra para falar sobre a súa avoa , non esquecendo de dar as grazas as persoas que a encontraron na cuneta e a trouxeron cunha cama de palla ata o panteón familiar e logo alí a volveron cubrir con pallas.

Mosteiro2mosteiro5mosteiro3

Hoxe sinte unha gran liberación por mor de que se acabou para sempre, despois deste monolito que o Concello lle puxo no seu pobo, posto que ata fai pouco aínda soia escoitar aquilo de “algo faría".

Homenaxe a María del Valle e Salud Torres asasinadas no 36 en Mosteiro de Ribeira