Hoxe ás 24:00(luns 11 de marzo) remata o prazo para presentar candidaturas a xunta directiva de ProLimia

prolimia
Hoxe ás 24:00(luns 11 de marzo) remata o prazo para presentar candidaturas a xunta directiva de ProLimia

Ata medio día non había ningunha presentada

Segundo os estatutos que rexen a asociación ProLimia, ata esta noite as 24:00 está aberto o prazo para presentar candidaturas para a Xunta directiva da asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios da Limia. Ata esta tarde non se presentaran ningunha lista. Recordar que segundo os propios estatutos as candidaturas teñen que estar formadas por un grupo de socios indicando quen da lista se propón para Presidente, vice, secretario etc.

Postos a fala con Teresa, a actual presidenta, que se encontraba de viaxe, ata mediodía non tiña constancia de que se presentaran candidaturas. Tamén manifestou que ela NON se presentará para repetir e que espera que haxa persoas que queiran continuar cun proxecto que é interesante e imprescindible para o comercio e a actividade empresarial, sobre todo de autónomos. Esperarán ata última hora e si fixera falta un día máis.