domingo 19/9/21

Imaxinar, inventar e construír escenarios para explorar o futuro...

O cdr O Viso participa nun seminario mañá martes para facer análise destas cuestións
21-11-59-31.admin.Sherpa

Mañá, martes 22,  retomamos de forma presencial en Brión a nosa participación neste grupo no que imos realizar un exercicio de prospectiva, que será a continuación da visión do rural desenvolvida ó longo do ano pasado.

Os exercicios de prospectiva consisten en imaxinar, inventar e construír escenarios para explorar o futuro. Os escenarios constrúense, neste caso, en base a dous eixos: a demografía (expansión versus diminuciòn) e a gobernanza multinivel (fragmentada ou coordenada). Guiados polo documento de debate “escenarios futuros para o rural galego” e despois de termos respondido a un cuestionario agardamos seguir aprendendo a mirar, analizar e comprendermos mellor a realidade.
A partir dos futuros probables e desexables na MAP galega estudiaremos a maneira de chegar ó futuro desexable, identificando metas, instrumentos, procesos e actores desexables, así como os retos e obstáculos que deben superarse para acadar dito futuro.
As 20 MAP  do proxecto SHERPA ( doutros tantos países e rexións da UE) están formadas por persoas de diversos ámbitos ( sociedade civil, institucións públicas e investigación) co cometido de aportar elementos para a Comisión Europea dirixido a definir unha visión a longo prazo para as áreas rurais. A organización responsable da MAP galega é a USC.
Ata o de agora tivemos ocasión de debater a visión sobre o futuro probable e o futuro desexable do rural galego no horizonte do 2040 e mesmo se elaborou un primeiro listado de actuacións que poden permitir avanzar cara o futuro desexable.