miércoles 27.05.2020

A importancia de non deixar atrás a saúde dos ríos e os humedais

Ponte remodelada sobor do rio Limia
Ponte remodelada sobor do rio Limia

O amplo consenso a nivel internacional sobre a necesidade de conservar o noso planeta azul e a súa biodiversidade podería verse entorpecido gravemente pola crise sanitaria e podería levar a un deterioro medioambiental mesmo superior ao de antes da crise. O cambio climático aínda se manterá por moitas décadas, pero os efectos do cese de actividade humana demostraron como se pode evitar. As entidades firmantes sinalan que temos que seguir este ensino e aproveitar as novas oportunidades para reorientar o investimento para a recuperación económica.

Ponte remodelada sobor do rio LimiaOs países do sur de Europa, que ademais de ser os máis vulnerables ao cambio climático, foron tamén algúns dos máis afectados pola pandemia do COVID 19, temos a obriga, nun escenario post-coronavirus, de liderar a recuperación das nosas economías dunha forma modélica, e demostrar ao mundo que outro modelo social e económico é necesario e factible, baseado na sostibilidade ambiental e socio-económica, e no respecto á natureza.

A saúde humana está íntimamente ligada á nosa contorna natural, polo que ecosistemas sans contribúen a unha maior resiliencia ante pandemias ou outros fenómenos do cambio global que nos ameazan. E á cabeza deses ecosistemas atópanse os medios acuáticos, os máis ameazados do mundo.

Os ríos e humedais foron sinalados polos expertos como os maiores proveedores de servizos ecosistémicos. Son sumidoiro de carbono e estabilizadores climáticos esenciais a escala mundial. Exercen un papel importante na mitigación das enchentes e as secas, provennos de augas limpas, protexen as costas e recargan os acuíferos subterráneos, sustentan unha gran xeodiversidade, desempeñan un papel imprescindible na paisaxe ao proporcionar hábitats únicos e na prestación de servizos recreativos e culturais á sociedade. Con todo, os ecosistemas acuáticos son os que máis agresións reciben en todo do mundo. Coidalos e restauralos é mostra de madurez e responsabilidade cara ás xeracións futuras e ademais unha estratexia intelixente e rendible.

Río Avia na Ponte da Cruz

Unha península Ibérica sostible despois do COVID19

Por iso, as entidades asinantes deste comunicado creemos que é posible a visión post COVID19 dunha península Ibérica sostible, apoiada nunha economía baixa en carbono e cuns sistemas acuáticos saudables e repletos de biodiversidade. Por iso debemos:

  1. Atopar novos modelos de produción agraria con menor consumo de auga e capacidade erosiva, reducir a explotación dos acuíferos, planificar o desenvolvemento urbanístico fóra dos terreos asolagables e respectar a biodiversidade ligada aos ríos e humedais. Desta forma, a extracción e reutilización de auga ou a obtención de enerxía hidroeléctrica non deben deteriorar os nosos ecosistemas acuáticos.
  2. Potenciar a educación ambiental e a investigación, fundamentais para lograr un novo modelo económico e social.
  3. Afrontar este reto no próximo ciclo de planificación hidrolóxica e o Plan Estratéxico da nova política agraria da Unión Europea (PAC) a través de medidas que faciliten a conservación e recuperación dos ecosistemas acuáticos para as seguintes xeracións. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2021-2030 a Década das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas.
  4. Potenciar investimentos públicos dirixidas á innovación e en solucións baseadas na natureza, apoiando aos sectores máis sostibles e ás rexións medioambientalmente máis vulnerables ou en transición ecolóxica.
  5. Involucrar ao sector financeiro mediante o fomento, desenvolvemento e implementación de plans de investimentos sostibles (en enerxía renovable, conservación e restauración de espazos naturais, regadíos eficientes, etc.).
  6. Impulsar a formación dirixida cara aos empregos sostibles, o crecemento verde e o fomento dunha forma distinta de vida, porque a natureza xa nos mostrou que a única forma de vida posible é aquela na que se harmoniza co noso planeta. Segundo a OMS, 3 de cada 4 empregos dependen do auga, que se debe considerar como un eixe fundamental da economía verde e circular (OMS, “Water, Sanitation, hygiene, and waste management for the covid-19 virus”, 19/3/2020).

As 60 entidades asinantes solicitan a España, como Estado membro, que apoie a protección e conservación dos ecosistemas acuáticos e promova os empregos sostibles e o crecemento verde.

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL