Unha limiá acolle unha mostra sobre a sexualidade da muller no seu espazo expositivo Vai Vai Mr Can

vanesa
Unha limiá acolle unha mostra sobre a sexualidade da muller no seu espazo expositivo Vai Vai Mr Can

Vanesa Peón é unhas das pintoras que expón as súas obras neste centro de arte de Ourense

Patricia Joga é o nome dunha veciña da Limia que traballa no deseño e que ven de dar un paso máis no mundo da arte. Abriu o seu propio espazo para exposicións na rúa Doctor Marañón en Ourense. Baixo o nome de Vai Vai Mr Can deuse saída á primeira edición do Proxecto Emocionando de Muller unha iniciativa desta limiá e que se inaugurou nesta semana.

vanesa2

A mostra contén obras de diferentes artistas unha delas é Vanesa Peón que participa con tres cadros nos que se pode ver sexo explícito e outros que chaman á imaxinación. Define as súas obras como pezas que recollen mulleres transgresoras que funden o feito de espirse co medio natural ó que pertencen e que se entregan decididas ó elemental pracer de amar. Os seus cadros presentaranse nas vindeiras semanas na Arca da Noe en Vilar de Santos.

Na exposición de Ourense participan máis artistas amosando coa súa arte a visión da muller ó longo da historia cunha perspectiva de xénero e que se poderá visitar ata o vindeiro 9 de xuño.