sábado 26/9/20

A Limia remata outubro con tempo de verán acadando os 25 graos

A Limia remata outubro con tempo de verán acadando os 25 graos

    A semana comezou con choiva e temperaturas propias do outono pero a cousa cambia dende este mércores. Os termómetros suben e acadarán temperaturas máis propias do verán. Os meteorólogos falan de 25 graos ós que pode chegar a Limia nestes últimos días de outubro. 

O certo é que nos últimos anos estamos asistindo a un cambio do tempo que xa está tendo consecuencias negativas na terra. Os expertos sinalan que hai menos vapor de auga que vai a atmosfera e iso tradúcese en menos choiva e máis secas. 

Esta situación está repercutindo nos cultivos e iso xa se experimentou na Limia. A pasada primavera as intensas choivas que afectaron á zona provocaron fortes inundacións nos campos de cultivos e a sementeira da pataca tivo que retrasarse. "A tendencia é que as precipitacións se concentren en pouco tempo, co risco de inundacións", destacan os investigadores de 25 países que participan na Oitava Conferencia da Unión Xeofísica que se celebra en Ourense.

Por diante queda agora despedir outubro con tempo propio de verán. O sol será o protagonista estes días na Limia e de momento o abrigo pode agardar un pouco máis no armario, pois teremos unha media de 25 graos na comarca. 

Comentarios