viernes 30/10/20

Llanera (Asturias) foi a sede da Asemblea X. da Asoc. Española de Festas Históricas

Concha Ogea, representante da” Festa do Esquecemento” foi elixida Vicepresidenta da mesma

Varios foron os acordos tomados na asemblea celebrada en Llanera este fin de semana. 

Entre as primeiras, foi dar a luz a Revista “La Historia Viva”, dedicada as 14 festas que neste momento forman a Asoc.. Nacional. Galicia é a autonomía que achega mais festas, dúas en Ourense (Esquecemento e Historia) e Arde Lucus en Lugo.

Outro dos acordos foi o estudo dos países que en breve pasarán a formar parte da confederación europea  a Rep. Checa, Gran Bretaña, Austria e Servia, que se unirán os de España Francia Alemania e Italia.

Foi o momento da renovación da páxina web, www.fiestashistoricas.es  e a posta en marcha dunha app . Fiestas y recreaciones históricas.

Unha das accións a implementar en breve temen será un selo de calidade para as festas acollidas dentro da asociación.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

                A presidenta de Civitas Limicorum tamén anunciou unha exposición fotográfica sobre a Festa do Esquecemento  que se fará cara o verán na que se presentará o primeiro nº da revista anteriormente citada.

Llanera (Asturias) foi a sede da Asemblea X. da Asoc. Española de Festas Históricas
Comentarios