jueves 15/4/21

A ludoteca de Celanova oferta 25 prazas para os nenos en Semana Santa

Os talleres realizaranse o 31 de marzo e o 1 de abril entre as 11:30 e a 13:00 na Casa dos Poetas

 

Cartel Ludoteca Semana Santa Celanova 2015
Cartel Ludoteca Semana Santa Celanova 2015

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza na Casa dos Poetas unha Ludoteca de Semana Santa para nenos de entre 6 e 12 anos.

Os talleres desenvolveranse o martes e mércores, 31 de marzo e 1 de abril, entre as 11.30 e as 13 horas na horta do edificio.

Baixo o lema ‘A horta dos versos’, terá lugar esta actividade de animación á lectura nun agradable espazo aberto que se combina con xogos e actividades de confección manual.

É necesaria a inscrición previa ata cubrir as 25 prazas dispoñibles na Casa dos Poetas ou a través dos contactos 646.026.421 ou[email protected]

Comentarios