jueves 24/9/20

Mandianes "o fútbol é o que aporta cor a millóns de vidas grises"

O antropólogo presentou en Xinzo o seu último libro "El fútbol (no) es así"

Mandianes "o fútbol é o que aporta cor a millóns de vidas grises"

    Manuel Mandianes presentou o seu último traballo "El fútbol (no) es así", unha obra que deixa constancia da importancia deste deporte na sociedade.

O auditorio da Casa da Cultura de Xinzo foi o lugar escollido para facer a pesentación. O antropólogo deu comezo reflexionando sobre o feito de que millóns de persoas son capaces de compartir un sentimento cando se xuntan para ver un partido. Mandianes indicou que "o fútbol é unha mestura de espectáculo e emocións e por iso apaixona tanto".

mandianes libro

O escritor sinalou que decidiu escribir esta obra para participar coa xente no sentido de que o fútbol é un fenómeno social. "É o único que dá cor a millóns de vidas grises que non terían que contar se non fose falar deste deporte, restaríalles a posibilidade de socializarse", destacou o de Loureses. 

Mandianes invertiu sete anos da súa vida para recoller información acudindo ós estadios e vendo como se comporta a xente. Da súa experiencia extraeu datos como o feito de que haxa cidades ou países que se recoñecen polo seu equipo de fútbol antes que por calquera outro aspecto. 

O libro xa está á venda e conta cun prólogo escrito polo xornalista de deportes de TVE, Sergio Sauca. 

Comentarios