lunes 30.03.2020

Manifesto Institucional do Concello de Xinzo

No día Internacional da Muller

Despois de máis de 2 séculos de loita feminista, segue sen haber paz para as mulleres.
8 M 2020 DEFINITIVOMillóns de mulleres no mundo están a impulsar unha onda de indignación contra a violencia, unha loita que atrae a conciencia de toda a sociedade.
Por elo hoxre é un gran día para esixir apoio e protección ás mulleres, formación especializada, creación de xulgados…más medios para asistir ás mulleres.
Máis aló dos minutos de silencio, ¡basta de xustiza patriarcal A gran maioría das mulleres asasinadas nunca se queixaron: non é doado dar ese paso. Tamén é unha alerta da desconfianza das mulleres nun sistema que cuestiona a súa credibilidade. Se queremos salvar vidas débense pór en marcha as medidas acordadas no Pacto de Estado.
A violencia machista é a expresión da desigualdade e da ideoloxía de odio. O aumento das denuncias de violación nun 49% no último trienio require respostas. Case o 40% das vítimas eran menores de idade. 

A prostitución debe ser recoñecida como violencia machista. É en si mesmo un ataque á liberdade e á integridade persoal, xa que implica a submisión sexual de quen precisa cartos. A prostitución reafirma e perpetúa a desigualdade entre sexos e ten a súa raíz no núcleo duro do patriarcado: a subordinación das mulleres aos homes. Porque o contrario da abolición é a barbarie, o feminismo é abolicionista.

Se a prostitución é violencia machista, o porno é a súa pedagoxía. O capitalismo salvaxe deixou aos mozos un acceso libre á pornografía que se intensifica por violencia sexual extrema. Millóns de vídeos ao ano son cargados nas súas grandes plataformas de Internet. Un dos termos máis buscados é "adolescente".

A explotación sexual e reprodutiva comparte unha profunda deshumanización. O aluguer de mulleres para a compra e venda de seres humanos é un ataque á igualdade e aos dereitos de filiación de nais e fillos. 

O logro da independencia económica que permita a todos unha vida digna é fundamental. As mulleres gañan case 6.000 euros ao ano menos que os homes. Temos a maioría dos contratos a tempo parcial e unha taxa de paro tres puntos superior á dos homes. 

Somos o máximo expoñente da precariedade no noso país, porque o patriarcado e o neoliberalismo aseguran que mantemos as peores condicións de traballo e a case exclusiva carga de coidados e tarefas domésticas. 

Necesitamos políticas eficaces sobre conciliación cando a atención non pagada en España representaría o 15% do Produto Interior Bruto. Por se isto fose pouco, ao final da nosa vida laboral, a fenda de pensións é aínda máis profunda, de media un 35% inferior á dos homes. 

O recoñecemento do talento feminino tamén é facer xustiza. Reivindicamos o valor da nosa contribución ao patrimonio común en creación e coñecemento. 

Cada 8 de marzo e todos os días do ano escoitarase a reivindicación da muller. O abolicionismo non é só o camiño para a consecución dunha lei, do mesmo xeito que o sufraxismo non foi só a loita pola conquista do voto. Ese foi un auténtico movemento de liberación.

Por eso estamos hoxe aquí, recordando a memoria e a historia de todas as mulleres. 
Para non esquecer, para seguir loitando, visibilizando, alzando as nosas voces co gallo de demostrar, un ano mais, que a loita das mulleres está viva.
Por elas, por todas, por nos, Viva o 8 de Marzo.

Comentarios