martes 21/9/21

María do Ceo canta a Xinzo e a Carlos Casares no seu último disco

A cantante de Oporto presentou o seu traballo no auditorio da Casa da Cultura 

doceo

    A cantante de Oporto presentou o que ela mesma considera o seu mellor traballo "de Portugal a Galicia fado". Trátase de dous discos, un en portugués e outro e galego, este último inclúe pezas como "Negra sombra" de Rosalía de Castro ou versos de Celso Emilio Ferreiro ou Curros Enríquez.

 doceo2

Como filla predilecta de Xinzo, non podía faltar un gruiño á vila. María do Ceo cántalle a Xinzo, ó Entroido, á Torre de Pena, á Santa Mariña e ás 20 parroquias que compoñen o concello. Unha canción sobre a que o párroco Don Jaime pediu que se convertese no himno de Xinzo. O seu traballo tamén inclúe unha canción sobre Carlos Casares e Antioquía.

Na presentación do traballo, que tivo lugar na Casa da Cultura de XInzo, María do Ceo agradeceu a todos aqueles que a axudan na súa carreira musical mercando os seus discos. A artista dixo sentirse moi orgullosa de representar a vila alí por onde vai. doceo3

Rematou o acto cun pequeno concerto no que María estivo acompañada do seu fillo e do seu marido que tocan a guitarra portuguesa e a española. Cantou cancións en galego e portugués e o público encandilado coa súa voz, mesmo se arrancou a cantar con ela "Teño Saudade" de Andrés do Barro. 

Comentarios