martes 21/9/21

Medalla de ouro para Lara Sotelo Nogueiras

No concurso de solista do XII certame Celtibérico de Bandas de Gaitas  en Manzaneda

IMG-20210802-WA0032
Lara Sotelo

A gaiteira limiá Lara Sotelo foi elexida polo xurado cualificador como a mellor solista de Gaita no certame de IMG-20210802-WA0031Manzaneda na modalidade de menores de 18 anos e maiores de 10.
Lara interpretou dez melodías enlazadas entre as que se atopaban O Marreco, xota de Obre, Alalá de Bergantiños e a Muiñeira Lixeiriña.
O xurado quixo tamén facer unha moción especial no apartado de solistas de maiores de 18 anos para Ignacio González Rúa.