martes 11/8/20

Membros de ADEGAL realizaron unha visita profesional a Alemania

Visitaron a feira “ Potato europe 2018” do 11 ao 15 de setembro, en Hannover

Membros de ADEGAL realizaron unha visita profesional a Alemania

Un grupo de 14 profesionais do sector agrícola, membros de Adegal (ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, GANDEIROS E AGRICULTORES DÁ LIMIA) participaron nunha viaxe profesional a Alemania  para coñecer as novidades do sector e participar na feira internacional “ Potate Europe 2018”.

 Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto de formación da asociación e o plan de viaxe consistiu en visitas organizadas durante tres días:

 - O día 12 tivo lugar a Feira internacional “ Potato Europe 2018”, na cidade de Gut Bockerode, 31832 Springe, Alemaña. Sendo esta unha gran oportunidade para coñecer en profundidade os novos desenvolvementos do sector profesional da pataca, desde novidades en sementes, innovación en maquinaria, abonado, fertilización, técnicas de almacenaxe e conservación, así como de novos produtos en xeral relacionadas co cultivo da pataca.

IMG-20180912-WA0010- O día 13 recepción e visita guiada en KWS , empresa líder en mellora xenética vexetal, enfocada no desenvolvemento e distribución de sementes en máis de 70 países en todo o mundo, ofrecendo sementes específicas para cada sistema de cultivo.

- Día 14, visita a concesionarios de maquinaria e a explotacións agrícolas alemás, que permitiron o acceso aos agricultores da Limia, achegando a súa experiencia no procesado, almacenamento e comercialización de pataca, cereais e outros cultivos alternativos. Ano tras ano, a comarca da Limia demostra a súa alta capacidade de produción en calidade, cun sector profesional e sustentable económica e medioambientalmente.