Membros de Algaria fan un curso de pintura

221
Membros de Algaria fan un curso de pintura

Na Casa de Cultura e da man do xa afamado artista limián Xosé Eladio

Varias son as actividades que ao longo do ano realizan os membros de ALGARIA (Asociación de persoas con discapacidade física principalmente ).

Tamén están realizando outro día da semana un taller de cerámica.

Algaria naceu no ano 2010 co fin de dar resposta ás necesidades do colectivo de persoas con discapacidade física e outro tipo de discapacidades en Xinzo e a comarca.

Hai membros de Xinzo, Baltar e Vilar de Santos e esperan que pouco a pouco se sumen non so socios adscritos de outros concellos, se non tamén socios colaboradores.

ROTEIRO O MÉRCORES A TARDE POR XINZO

222 O mércores pola tarde de 3 a 6 farán un percorrido polas principais rúas de Xinzo para dar a coñecer aos veciños, e sobre todo aos políticos todos os atrancos que se encontran a cotío na súa vida diaria, tanto de traballo como de lecer.

Comentan que as veces son pequenas cousas que con pouco custe farían a súa vida mais sinxela. Por por un exemplo, decían que no Museo do Entroido , si hai ascensor, pero non hai un timbre a altura dunha cadeira de rodas que poidan accionar, para que veñan de dentro a por en marcha o ascensor, co cual, todo moi ben, pero de imposible acceso.