lunes 09.12.2019

Membros da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia visitou o museo do médico rural de Maceda

Finalizado o curso “Historia da medicina rural e os seus profesionais” .

Visitantes Asociación Escola Rural Saúde Limia
Visitantes Asociación Escola Rural Saúde Limia

O Dr .José Manuel Lage Parente fixo unha exposición da evolución da medicina en Galicia desde principios do século  XX ata os nosos días, así como o papel que os profesionais da saúde no medio rural desempeñaron, especialmente o médico rural, ao que describe como “heroe silencioso que tivo unha importancia capital nas nosas vidas”.

Dr Lage explicando (002)O curso estivo dirixido á poboación en xeral, sendo de especial interese para profesionais do sector sanitario e social, así como a todas aquelas persoas que queiran coñecer as orixes e evolución do actual Sistema Sanitario e a importancia dos profesionais sanitarios no benestar da poboación galega do rural. Para poñer broche final á formación, visitouse o Museo do Médico Rural situado no Concello de Maceda, recentemente inaugurado e ao que se recomenda a súa visita, xa que están expostos material médico que progresivamente se foi incorporando á medicina desde principios de século ata o noso días, e que conta cunha exposición de máis de 1000 pezas catalogadas que utilizaban frecuentemente médicos e boticarios da época. Finalizouse a visita debidamente…asinando no Libro de Honra. Unha honra foi para todos os participantes do curso que o Dr Lage compartise connosco os seus coñecementos e experiencias dunha vida enteira ao servizo dos seus pacientes.