miércoles 3/3/21

O Ministerio de Transición Ecolóxica quere recuperar parte da Lagoa de Antela

Foi anunciado pola propia Ministra Teresa Ribeira para antes do 2030

Lagoa de Antela 1930(Foto cedida)
Lagoa de Antela 1930(Foto cedida)

A vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira, presentou, con motivo do Día Mundial dos Humidais, a aposta do Goberno para impulsar a recuperación das zonas húmidas. España márcase como obxectivo alcanzar a recuperación de 20.000 hectáreas de humidais en 2030, que complementarán as 18.000 xa restauradas nas últimas décadas.

ESFORZO EN RESTAURACIÓN

Ante esta situación, a vicepresidenta destacou a firme vontade do Goberno español de emprender accións decididas no campo da restauración. “Non só se trata de conservar adecuadamente os humidais, senón de seguir emprendendo a restauración progresiva de todos aqueles que poidan recuperar a estrutura e funcións perdidas pola acción humana”, explicou. Con este propósito, perséguese o obxectivo de alcanzar a recuperación doutras 20.000 hectáreas de humidal, así como a restauración parcial de tres dos maiores humidais españois perdidos no pasado: Lagoa da Janda, Lagoa de Antela e Mar de Campos.

O Goberno aposta pola recuperación dos humidais co obxectivo de alcanzar, en 2030, as preto de 40.000 hectáreas restauradas