As “Mulleres simbolo do rural” chegan a Xinzo

IMG-20220328-WA0000-2
As “Mulleres simbolo do rural” chegan a Xinzo
Ás 18:00 inaugúrase a exposición na Casa da Cultura

A Escola Rural de Saúde da Limia montou unha exposición de murales adicados a mulleres do rural como complemento a todas as historias que Rosa Trujillo veu publicando no noso xornal.

Cartel anunciador
Cartel anunciador

Esta exposición comezou a súa andadura fai 10 días no concello de Porqueira e continuará percorrido polos concellos do riural da Limia, chegando agora ao de Xinzo.

A valedora do Pobo estará na inauguración

Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo de Galicia estará presente na inauguración, xunto con coa deputada provincial da área de igualdade da Deputación Luz Doporto Real. Participarán tamén no acto de inauguración a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama e Lola Rico como coordinadora da asociación ERSL.