lunes 16.12.2019

"É necesario facer un esforzo en temas de márketing e concienciación para dar a coñecer a enorme calidade da pataca da Limia"-Servando Álvarez

Mesa redonda sobre a pataca da man da Escola de Saúde da Limia en ALIMAGRO 2019

"É necesario facer un esforzo en temas de márketing e concienciación para dar a coñecer a enorme calidade da pataca da Limia"-Servando Álvarez

Con motivo de potenciar a dieta atlántica, divulgar a cultura gastronómica da zona e abordar a posta en valor dos produtos autóctonos, a Asociación Escola Rural de Saúde converte á pataca na protagonista duns talleres co obxectivo de mellorar tamén a calidade de vida das persoas.

xosé IXPDurante a charla divulgativa de cara ao consumidor realizada polo técnico da I.X.P (Indicación Xeográfica Protexida) Pataca de Galicia,Xosé Antonio Chao, abordáronse temas como a historia deste cultivo; a súa importancia a nivel de consumo e produción; e os mitos que existen arredor da súa existencia, tratando de desmontalos e conseguindo unha participación activa por parte do público.
Despois de explicar que as patacas chegaron a Galicia como unha curiosidade botánica e que non foi ata a peste da castaña cando se introduce realmente na gastronomía ao coñecer as súas variedades de preparación, José Antonio Chao expuso as múltiples vantaxes do cultivo destes tubérculos nas terras galegas polas condicións da terra e o clima. Ademais, abordou tamén o tema das calorías da pataca, asegurando que a dieta atlántica baseouse neste cultivo e demostrouse moi saudable, sendo incluso recomendada para o adelgazamento.
servandoPosteriormente, o director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, Servando Álvarez deu  unha charla coloquio no que sobre todo tratou de dar resposta a todos eses “mitos” que hai sobre as patacas cos participantes. Deixou claro que as patacas tiñan que regarse polas súas necesidades de auga, todo ser vivo ten que ter auga para o seu crecemento e desenrolo.  fronte as preguntas do auditorio sobre o cultivo en secano.
Otra das cuestións que todos na comarca dan por feito é o da calidade das patacas da Limia. É necesario facer un esforzo en temas de márketing e concienciación para dar a coñecer a enorme calidade da pataca da Limia, tanto dende os propios productores primeiramente como da IXP, que xa o está a facer.e por suposto dende tódalas administracións.

Simplemente temos que ver o que pasa  coas fábricas do frito, simplemente analizar que  que son moitas as fábricas do centro da península que prefiren a pataca desta zona co coste a maiores que supón, e con todo,  prefiren a pataca da Limia, por algo será.