Non hai que deixar de lado a depuración de augas residuais

ADEGAL
Non hai que deixar de lado a depuración de augas residuais

ADEGAL analiza o PROXECTO LIFE REGENERA LIMIA, presentado en Xinzo

ADEGAL, como representación dos sectores que o conforman, o agrícola o gandeiro e o empresarial, é parte interesada e de vital importancia nun proxecto demostrativo no que o interés xeral reside no desenvolvemento de técnicas ou posibles solucións tecnolóxicas a futuro para poder mellorar, si cabe, a calidade das augas.

As esixencias medioambientais, o benestar animal e a seguridade alimentaria son eixes fundamentais que fan necesario a búsqueda de alternativas que sexan económica e medioambientalmente sostibles para a xestión de residuos ou subproductos nos sectores productivos, sen olvidar que todas e cada unha das explotacións asentadas na comarca da limia están detro do marco lexislativo, tanto a nivel estatal, como autonómico e mesmo sectorial.

Os parámetros e datos ofrecidos polas distintas exposicións ó longo da Xornada de divulgación do Programa Life deixa moi claro que non se supera en ningún caso o límite máximo establecido para elementos determinantes da contaminación das augas, o que hai que sumar que o sector agrogandeiro aproba e con nota moi alta o cumprimento das recomendacións do Código galego de boas prácticas agrarias.

Non obstante, non hai que deixar de lado a depuración de augas residuais, e dende este colectivo facemos un chamamento as distintas Administracións para que se impliquen e se tomen medidas correctoras neste senso, a pesar de que somos coñecedores de que se están levando a cabo, son insuficientes.

Faise imprescindible a creración de sinerxias entre os distintos colectivos para recuperar a imaxe real da Limia, unha comarca productiva capaz de conservar o medio do que dispón.