martes 7/12/21
A Casa do Concello de Bande, que albergou unha cárcere de mulleres durante a posguerra, acolleu esta mañá a presentación da campaña “Non peches os ollos” posta en marcha polo GDR Limia - Arnoia e na que participaron alcaldesas do territorio xunto coa xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural. “Esta é a primeira vez que os 25 concellos que formamos parte do GDR Limia - Arnoia nos unimos para loitar contra a violencia de xénero, unha lacra que afecta a toda a sociedade”; sinalou Sandra Quintáns, alcaldesa de Bande. Nos vindeiros días comezará a instalación de lonas e o reparto de diverso material entre a veciñanza destes municipios (chapas, marca-páxinas, cartaces, chocolatinas,…) cunha mensaxe única fronte a violencia de xénero: “Non peches os ollos” e conmemorar deste xeito o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres que ten lugar todos os 25 de novembro. Segundo explicou a alcadesa de Allariz e vicepresidenta do GRD10, Cristina Cid, esta campaña ten como obxectivo visibilizar a nosa resposabilidade como cidadáns cando presenciamos diferentes actos cotiáns de violencia de xénero. “Non podemos mirar cara outro lado, temos que ter os ollos ben abertos e apoiar ás mulleres vítimas”, sinalou Cristina Cid durante a presentación da campaña. A imaxe da campaña, creada polo ilustrador ourensán Miguel Robledo, ten unha muller como protagonista e que se resalta con cores vivas. Rodeana persoas de diferentes grupos de idade e xénero, para as que se empregan unhas tonalidades máis apagadas, e a través das que se pretende simbolizar que a violencia de contra as mulleres é un problema que afecta a todas as idades, xéneros e condicións sociais e económic