jueves 5/8/21

“NON TÓDALAS FÓRMULAS VALEN. O AMOR CONSTRÚE, NON DESTRÚE”

Mañá comezan as xornadas de concienciación nos IES e CEIPs de Xinzo
11111111

Cada 25 de Novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación contra a Violencia, e un ano máis, o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, xunto co Centro de Información á Muller (CIM) e a Cruz Vermella Xuventude dende a Asemblea Comarcal de Xinzo de Limia, baixo o lema “NON TÓDALAS FÓRMULAS VALEN. O AMOR CONSTRÚE, NON DESTRÚE”, levarán a cabo Xornadas de Prevención de Violencia de Xénero os días 24 e 25 de Novembro nos CEIP e IES da comarca. Serán unhas xornadas de información e debate coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado da Limia da importancia da igualdade entre mulleres e homes.

Dada a situación xerada pola COVID-19, estableceranse tódalas medidas COVID-19, incluídas no protocolo de actuación presentado a cada centro.