viernes 14/5/21
600.000 € en axudas para dúas anualidades

Nova convocatoria de axudas a emprendedores de 600.00 € no programa Leader Limia-Arnoia

A convocatoria abrirase na vindeira semana

solpor-castromao(GDR-10)
solpor-castromao (GDR-10)

O pasado 16 o o Grupo de Desenvolmento Rural Limia-Arnoia, celebrou a súa Asemblea anual, na que ademais de dar conta dos proxectos realizados ata fin do ano pasado aprobaron tamén a convocatoria para este 2021. 

A finais do presente mes, abrirase o novo prazo de solicitudes de axuda para empresas e asociacións, amparadas no programa Leader. Serán mais de 600.000 € en axudas, repartidas en dúas anualidades.

Desde o ano 2017 até hoxe foron máis de 3 millóns de euros en axudas, que mobilizaron mais de 6 M € de investimento privado; xerando e/ou consolidando 150 postos de traballo nas comarcas de A Limia, Allariz-Maceda, Celanova e Baixa Limia