jueves 15/4/21

Novos concelleiros por unha hora

O alumnado de 4º de primaria do Rosalía de Castro “tomaron” a consistorial de Xinzo durante un par de horas.

rosalia 3

rosalía 2

Na mañá do xoves o alumnado de 4º de primaria do CEIP Rosalía de Castro visitaron a casa do Concello de Xinzo, onde foron recibidos pola alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro de tráfico.

rosalía 1Primeiramente escoitaron as  explicacións do funcionamento do Concello e pasaron despois a celebrar un “pleno” no propio salón,  onde as bancadas foron ocupadas por parte do alumnado para facer unhas propostas, das cales, segundo manifestan, tomaron boa nota as autoridades presentes, sobre as necesidades e melloras que dende as súas idades parece que máis lles interesan.

Vistas as peticións, estas non difiren moito das que día a día son solicitadas polos veciños e veciñas do concello.

Todas as peticións quedaron reflexadas na acta que se levantou ao final do acto plenario infantil.

rosalia 4