martes 1/12/20

“A OCASIÓN”- NOVA TENDA DE SEGUNDA MAN EN XINZO

Dende 0,5  ata 3.000 €, todo de segunda man

IMG_8546Fai mes e medio que Concha e o seu marido, que traballa o tema do poliuretano, pensaron en que había que mudar  de negocio.

Dándolle voltas a cabeza, e tendo un baixo da súa propiedade  chegaron a conclusión de que en Xinzo faltaba algo como isto.

Aínda ninguén tiña un negocio de compravenda de produtos de segunda man.

IMG_8545Puxéronse mans a obra e xurdiu “A OCASIÓN”.

Na tenda podemos atopar cousas pequenas como poden ser libros antigos, ata unha moto rehabilitada polo seu marido pasando por toda clase de utensilios que son parte das nosas vidas. Entre elas abundan os electrodomésticos e os carriños de bebes.

Hai dúas maneiras de vender as cousas. As pequenas son aboadas no momento e son propiedade da tenda e as grandes, o cliente ponlle un prezo de venda e queda en stock ata que se realiza a propia venda.

A informática e a roupa son outros dos sectores con que conta para a venda.

A proporción de persoas que entran na tenda, de momento é de 3/1. Cada catro persoas que entran, de momento 3 veñen a vender e 1 ven a comprar, pero pouco a pouco isto estase a mudar.

Comentarios