sábado. 03.06.2023
A LIMIA VOLCOUSE NA PRESENTACIÓN DE OURENSIVIDAD

Ourense e a primeira provincia en loxevidade de España e a segunda do mundo

A lonxevidade mídese polo número de persoas de máis de 100 anos por 100.000 habitantes.

Persoeiros da Limia que arrouparon o nacemento da asociación
Persoeiros da Limia que arrouparon o nacemento da asociación

Con estes datos empíricos,  Pablo García Vivanco deu o pistoletazo de saída e “posta de branco” a asociación que leva por nome de ourenseVIDAd.

7
Pablo García, Cristina Conde e José M. Lage

Esta asociación presidida por Pablo e na que xa forman parte varias persoas máis, todas elas profesionais da farmacia, outro limián Ricardo de La Fuente, dietética da mediciña (José Manuel Lage (fundador do museo do médico rural de Maceda) , alimentación, gastronomía, expertos en Filosofía  e Psicoloxía, Jose M. Dominguez, así como asociacións como a Escola Rural de Saúde da Limia, pretenden converter este feito contrastado a nivel mundial en algo que coñeza todo o mundo e poida ser empregado como atractivo para que a xente veña vivir a esta provincia.

2
Pablo G. Vivanco

O motivo para querer isto non é nin máis nin menos e demostrar que a lonxevidade da nosa provincia se debe ao potencial do valor nutritivo e de propiedades saudables que teñen os nosos alimentos autóctonos dende un posicionamento totalmente científico. Isto todo conxugado cos hábitos saudables cos que contamos os que vivimos nesta terra, como poden ser entre outros as “arraigadas tradicións, culinarias e festivas”, así como o termalismo.

Todo isto levará consigo a creación dun gran produto turistico coa lenxevidade como punto clave.

3
Asistentes felicitando ao presidente da asociación

A presentación acudiron máis de dous centos de persoas de toda a provincia, entre as que destacaba o gran número de limiáns que acudiron a presentación entre os que se atopaban os alcaldes de Blancos, Baltar, Vilar de Barrio e Xinzo.

cats
Diferentes momentos da presentación
cats2