A Outubrofest de Pontevedra ofrece salchichas dun metro feitas por unha empresa da Limia

moncho
A Outubrofest de Pontevedra ofrece salchichas dun metro feitas por unha empresa da Limia

Un ano máis as persoas que se acheguen ata Pontevedra para gozar da Outubrofest poderán degustar salchichas feitas na Limia. A empresa "Moncho e hijos industrias cárnicas" encargouse de novo de fabricar desta volta, 6.064 unidades do que é o produto estrela da festa, xunto coa cervexa.

Salchichas de un metro nada máis e nada menos, de medio metro e mesmo unha de tres metros. O proceso de elaboración esixe de especial coidado polo gran tamaño das mesmas, con todo tan só tardaron dous días en elaboralas.

salchichas

Levan dende 2012 fabricando salchichas para o festexo que organiza o Pontevedra Rugby Club e que este ano se celebra dende o xoves 27 ata o 1 de novembro na praza do Teucro, na cidade do Lérez.

Tantos anos de traballo e contando con produto de calidade, eses son os puntos fortes desta empresa de Xinzo, que lles permiten ser provedores de grandes festas de Galicia como esta de Pontevedra.

"Moncho e hijos industrias cárnicas" está presente en todo o proceso de produción, mercan o animal ós matadoiros e logo preparan os produtos na súa nave situada no polígono de Xinzo. As súas especialidades son as salchichas e as hamburguesas tanto de porco, polo, boi ou tenreira, aínda que o seu catálogo de produtos é moito maior.

Unha empresa familiar que montou Ramón López cando regresou de Alemaña hai 30 anos e que hoxe en día é un referente como provedor de carne en Galicia, España, Portugal e mesmo Inglaterra.