Unha parte de Espacio Matrioska viaxa a Cuba para investigar a artesanía local

matrioska
Unha parte de Espacio Matrioska viaxa a Cuba para investigar a artesanía local

Espacio Matrioska viaxa a Cuba para por en marcha un proxecto social e artístico denominado CRUDA. A intención é investigar a artesanía local e visitar outra cultura na que "os obxectos non son de usar e tirar", destacan.

Tres membros de Espacio Matrioska fixeron as maletas e pasarán tres meses visitando as zonas máis rurais de Cuba. CRUDA trata de profundizar na produción artesanal da isla, a economía de recursos e como pode afectar todo eso á poboación.

Logo da viaxe compartirán todo nun cuaderno de viaxe sobre a súa experiencia artística por Cuba con libro autoeditable con fotografías e texto.

A noticia prodúcese logo de que Espacio Matrioska resultara ser un dos proxectos gañadores no 4º"Premi Culturama Innovació social en Juventut" que otorga a asociación Culturama de Valencia.